Con 20 anos, Eva Lema chega ao CD Burela FS Pescados Rubén “cunha enorme ilusión, era unha proposta que non podía rexeitar xa que é unha excelente oportunidade para a miña carreira deportiva. Veño con moitas ganas de aprender e progresar como deportista ao formar parte dun club que é unha referencia nacional e con ambicións deportivas”. O salto a nivel competitivo non supón ningún problema para Eva que considera este paso “un factor motivacional moi importante para min, agradezo ao Viaxes Amarelle a súa confianza en min durante este tempo e desde o club herculino amén me animaron para dar este salto na miña carreira. É un orgullo vestir a camiseta do Burela Pescados Rubén e estou preparada para competir e defender estas cores”.