Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa acuática e teatro no castelo, este sábado en Alfoz

Seguindo co programa de ACTIVIDADES DE VERÁN 2015 orgnizadas polo Concello de Alfoz, o vindeiro sábado celebraranse os seguintes eventos:

– FESTA ACUÁTICA NA PISCINA MUNICIPAL.
O sábado 29 de 16.00 a 20.00 horas, na Piscina Municipal de Alfoz, celebrarase unha festa acuática con inchables e xogos acuáticos para que todos desfruten de actividades refrescantes e divertidas antes do fin do verán.
Recordamos que as instalacións da Piscina Municipal permanecerán abertas ata o 4 de setembro de 2015 en horario de 12.00 horas a 20.00 horas.

– TEATRO NO CASTELO DE CASTRO DE OURO.
O sábado 29 á 20.00 horas, no Castelo de Castro de Ouro, o Clube Teatral Elsinor presenta “A TÉCNICA DO TARATANTALEO”, interpretado e dirixido por Manuel Lourenzo, coa colaboración de Xosé Martínez, autor da gravación audiovisual, e producido por Montserrat Modia.

Recordamos que ata o 31 de agosto permanecerá no Castelo de Castro de Ouro a exposición didáctica “GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA” e de forma permanente a exposición de pintura de HIPÓLITO XEADA.

O horario de apertura do Castelo de Castro de Ouro é de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas e sábados e domingos de de 11.00 a 14.00 e de de 17.00 a 21.00 horas. Para máis información poden visitar o PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICO situado no Castelo de Castro de Ouro ou chamar ó 982 558 578.

Exit mobile version