Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” manifesta non estar dacordo coa decisión do Alcalde de Foz de suspender o mercado semanal do día 11 de Agosto

Foz, 9 de agosto de 2015.- Dende “Foz, Plataforma de Futuro” queremos manifestar que non estamos dacordo coa suspensión do mercado semanal do vindeiro martes día 11 de Agosto, e así mesmo, manifestamos o apoio á demanda do BNG para que o Alcalde de Foz reconsidere a sua postura e deixe celebralo.

De todos é sabido que os mercados do verán, e especialmente o destas fechas é o de maior ventas e asistencia de xente, polo tanto a non celebración do mercado do vindeiro martes día 11 vai supor un enorme perxuicio para os vendedores que acuden cada martes ó mercardo de Foz.

Podería haber a solución de darles outro día que non fora o vindeiro martes, pero parecenos que non podería ser posible tampouco xa que normalmente cada día da semana hai distintos mercados na zona e os vendedores xa teñen distribuidos os días que acuden a cada pobo.

Vemos por parte do Alcalde de Foz nesta decisión un erro importante,unha falta de sensibilidade coa xente que vive de andar nos mercados, e así mesmo unha falta de organización na zona portuaria como facía anos que non se obsevaba.Hai que recordar que xa non sería a primeira vez que os postos do mercado se cambiaron uns metros hacia os astilleros e non pasou nada.

Por eso dende “Foz,Plataforma de Futuro” solicitamoslle ó Alcalde de Foz reconsidere a sua postura,e permita a celebración do mercado semanal do próximo día 11 de Agosto. Entendemos que se debería organizar mellor a zona de estacionamento das autocarabanas para que estas estivesen aparcadas ordenadamente,así como a colocación das carabanas e autocarabanas dos feriantes das festas do San Lourenzo, e así poder acoplar tamén o mercado semanal para que ninguna das partes implicadas estivesen descriminadas, e non suceda o que moito nos tememos que vai a pasar.

Exit mobile version