Desde a Aula Medio Ambiental Gaia explican que “os cinceiros están pensados para tirar as cabichas ou as cáscaras das pipas mentres estamos a gozar dun día de praia, logo baléiranse nun colector e son reutilizables”.
Trátase dunha medida adoptada pola Concellería de Medio Ambiente para manter as praias de Burela limpas. Ademais hai cinceiros ecolóxicos nos postos dos socorristas dos areais a disposición dos usuarios, de forma totalmente gratuíta.