Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia, satisfeito co inicio das obras de ampliación do IES Perdouro de Burela

Burela, a 17 de agosto de 2015.- O portavoz do Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela, José María González Barcia, amosou este xoves a súa “satisfacción persoal e do grupo municipal polo comenzo das obras de ampliación do IES ‘Perdouro’, o que demostra que o goberno da Xunta que preside Núñez Feijoo cumple os seus compromisos con Burela”.

González Barcia destacou que “esta ampliación, que xestionamos e impulsamos desde o goberno municipal do PP, suporá un aumento do número de aulas e de talleres dun centro que, coma todos os de Burela, se caracteriza polo seu dinamismo. A ampliación vai permitir, por tanto, ampliar a oferta educativa do centro e millorar a existente, o que vai repercutir en beneficio da poboación escolar do noso concello e da Mariña en xeral”.

Barcia, que destacou tamén o traballo feito polo director do centro e polo seu equipo para acadar esta ampliación, sinalou que “a Xunta vai investir 429.000’00€ nesta obra, que se suman ós 120.000’00€ da cuberta do CEIP ‘Vista Alegre’, ou os 30.000’00€ da cuberta dun dos edificios do CEIP ‘Virxe do Carme’, o que supón cáseque cen millòns das antigas pesetas investidas directamente en obras pola Consellería de Cultura e Educación nos dous últimos anos en centros de ensino de Burela. Ó que hai que sumar as distintas actuacións levadas a cabo polo concello nos últimos catro anos, entre elas a remodelación dos viestiarios do pavillón do ‘Virxe do Carme’”.

O portavoz do GMP asegurou que “a intención da Xunta é rematar as obras antes de fin de ano ou a principios do que vén. De feito, os prazos que no seu día nos comunicara o propio conselleiro, Román Rodríguez, ó directo do centro e a min mesmo, se están cumplindo, polo que teño que destacar a seriedade e rigor do conselleiro e do goberno da Xunta”.

Exit mobile version