Site icon Crónica3.com A Mariña

I Xuntanza dos Veciños do Barrio dos Muíños de Mondoñedo, este sábado 22

VECIÑOS DOS MUIÑOS-MONDOÑEDOMondoñedo, 21 de agosto de 2015.- O sábado 22 de agosto ás 22:30 horas celebrase no Barrio mindoniense dos Muíños unha cea na I Xuntanza dos veciños.

Elena Freire unha das organizadoras do evento explica “hai uns dias un grupo de veciños do barrio decidimos reunirnos e darlle forma a esta idea que nos rondaba hai moi tempo, o único que pretendiamos e xuntar a tódolos veciños do Barrio nunha cea”.

E polo de agora segundo sinalan xa hai inscritas mais de 100 persoas. Segundo explica Ramiro do Pradelo, outro dos organizadores “o que queremos é pasalo ben e lembrar vellos tempos”, sinala.

A cea , que se celebrará no Barrio dos Muíños, terá carpa , musica e durante a mesma lembraranse un montón de anécdotas e vivencias deste senlleiro barrio, como o foleón de San Xoan, os baños na Fabega ou as romerias de antano.

Ademais a organización esta traballando na montaxe dunha pequena exposición de fotografías antigas de tódalas persoas e de familias que pasaron polo Barrio mindoniense.

Unha desas familias que pasou polo Barrio mindoniense é familia Cendan, que actualmente reside en Vilalba. “Son 5 membros que fai mais de 30 anos que marcharon do barrio”, subliña Pepe de Nondeixa, “pois iso eso mesmo é o que pretendemos xuntarnos todos outra vez para revivir as nosas vivencias”.

Como acto inaugural da cea cantarase o himno do barrio “Barrito de los Molinos”.

Exit mobile version