Site icon Crónica3.com A Mariña

Identificación de invertebrados con Gaia en Burela para “traballar os valores medioambientais c@s nen@s”

invertebradosBurela, 24 de agosto de 2015. A Concellería de Medio Ambiente e o Centro de Educación Medioambiental Gaia realizaron o pasado venres unha actividade de recoñecemento de invertebrados na praia do Portelo. A iniciativa ía dirixida aos cativos e con ela os organizadores agardan concienciar aos máis pequenos sobre os valores do medio ambiente: “trátase dunha actividade lúdica para os nenos á vez que traballan valores medioambientais formándose como usuarios responsables das praias e coñecendo especies do noso litoral”.

A actividade, que comezou cara as 11:30 horas da mañá, arrincou cunha pequena introdución sobre a clasificación dos invertebrados e as súas características. Máis tarde os participantes puxeron a proba a súa destreza manual pescando cunhas cañas e con esquieiros nunhas pequenas piscinas cheas de auga azul, pequenas especies de plástico existentes no litoral que os rapaces identificaron e clasificaron, e tamén lixo (redes, boias, plásticos…), simulando un mar sucio que hai que manter limpo. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, achegouse tamén ao areal e mesmo participou nas actividades pescando cos cativos.

“Esta iniciativa forma parte dunha serie de obradoiros e actividades – entre elas, Decálogo da miña Praia, Á Praia andando ou en bicicleta) que se levan facendo ao longo de todo o verán e que pretenden fomentar a conservación do medio ambiente e do recursos naturais”, lembran desde Gaia.

Exit mobile version