Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurada unha nova edición de Xove 360º

inaguracion-xoveA mostra dunha nova edición de XOVE 360º foi inaugurada este sábado a mediodía na sala de exposicións do Centro Cívico de Xove polo alcalde, Demetrio Salgueiro, en compañía dos 12 fotógrafos participantes.

Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola oitva edición. O título escollido para edición deste ano foi “Encontros”, que expresa moi ben o variado contido da mesma. A temática da exposición foi de tema libre, de ahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc. En total a exposición está conformada por 45 fotografías de María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Ignacio Garijo, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Javier Villares, José Emilio Gómez e Luis Vivas enmarcadas en tamaño 50X40.

A exposición, que se abreu o 13 de agosto, permanecerá aberta ininterrompidamente ata o vindeiro 4 de setembro en horario de 11.00 a 13.30 horas, pola mañá, e de 18.00 a 22.00 horas, pola tarde.

A entrada á exposición nesta ocasión é pola porta principal do Salón de Actos do Centro Cívico.

Exit mobile version