
As Bandas de Música Burela e Guitiriz atópanse en Carisolo (Trento-Italia) realizando un campamento musical. Trátase da cuarta edición do campamento “Ao son da Banda” organizado polas dúas agrupacións no que participan 40 rapaces e rapazas de 11 a 22 anos de idade que este xoves ofrecían un concerto en Pinzolo. O concerto final será este venres en Carisolo, baixo a dirección da mestra Sara Maganzini, no que interpretarán distintas pezas do repertorio galego para banda. A viaxe inclée tamén visitas a distintas vilas e cidades francesas e italianas: Niza, Carcassonne, Venecia, Boloña…