Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 40 participantes do obradoiro de pintura mural e curso de hip hop durante o verán en Barreiros

barreiros-muralBarreiros, 27 de agosto de 2015. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acolleu este verán un obradoiro de pintura mural no que os participantes puideron aprender distintas técnicas. Durante estas últimas semanas desenvolveuse tamén o curso de danza moderna e hip-hop, que incluíu a práctica de técnicas de expresión corporal, coordinación de movementos, concentración e participación en grupo. As dúas actividades foron organizadas pola Concellaría de Cultura e Xuventude, a Omix e a Biblioteca Municipal.

Os seus destinatarios foron rapaces de entre 7 e 30 anos, en total máis de corenta alumnos que abordaron, no primeiro dos cursos (o de pintura mural), diferentes aspectos da pintura mural, como o entorno urbano e arquitectónico, o estudo do entorno, a elaboración de bocexos e propostas plásticas, o deseño final e a aplicación da pintura mural na parede. A actividade serviu, ademais, para decorar os muros exteriores de acceso á Omix e á Biblioteca e para fomentar a colaboración en grupo. En canto á formación de danza moderna, traballáronse sobre todo o movemento e a expresión corporal.

O Concello agradece tanto a monitores como participantes a súa entrega no traballo realizado, que acadou os obxectivos previstos.

Exit mobile version