“Teño moita xente aquí á que quero e que me quere e por iso me apetecía seguir en Burela. Non sei qué será do meu futuro deportivo, pero o que tiña claro é que quería pasar un ano máis aquí co equipo, ademais de acabar os meus estudos de Hostalería” explicaba así Maite o seu apego a Burela, recoñecendo o grande ambiente con que regresou ao traballo o equipo: “Estamos moi animadas e motivadas, vimos coas pilas cargadas do verán. En Burela trabállase moito, sete sesións á semana, cun gran nivel de competitivade entre nós”.
Poio
O equipo de Lucas disputará mañá o seu primeiro envite da pretempada cun rival de liga con aires irmandiños. Será na pista do Poio FS Pescamar, ás 20.00 horas. “Xogar contra Poio sempre é un pracer, é un gran competidor, un equipo moi guerreiro” adiantaba a 17 laranxa, recoñecendo as ganas das mariñás por respirar a emoción dos partidos: “Xa levamos máis de dúas semanas adestrando nas que o grupo está funcionando moi ben, pero tamén xa tiñamos ganas de estrearnos nos amigables para romper coa monotonía dos adestramentos e empezar a poñernos en situación” concluíu Maite.