Site icon Crónica3.com A Mariña

Marisol Moreda presentou en Ribadeo o seu libro “Un largo camino de rosas blancas”

060815 Foto presentacion Ribadeo Marisol 1Ribadeo, 6 de agosto de 2015.- O Cine Teatro foi escenario este mércores da presentación do libro Un largo camino de rosas blancas, da escritora mariñana Marisol Moreda.

No acto participaron o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña; Pablo Fernández Asensio, xefe de coordinación dá Área de Mar para A Mariña e Ortegal; Antonio Nores Quesada, director provincial da TGSS e do INSS en Lugo; Marisa Gil, presidenta da asociación Treacher Collin; Cristina de Josh, escritora; Primi Nécega, articulista; e Marisol Moreda, autora do libro e presidenta da ong Otro mundo é posible.

Todos os que precederon a Marisol Moreda na súa intervención destacaron a súa preocupación e o traballo altruísta realizado por aquelas persoas e asociacións que demandan a súa axuda. Marisol Moreda recordou que “en España hai tres millóns de persoas afectadas por unhas 7.000 patoloxías, que precisan da sensibilización das administracións, da sociedade e dos medios de comunicación,”. Destacou o apoio que a ong Otro mundo es posible obtivo de La Caixa “e que irá destinado á investigación que realizará un equipo médico no hospital de La Paz, en Madrid, sobre enfermidades raras”. A escritora mariñana incidiu en que estas patoloxías “son dexenerativas, graves e invalidantes. Requiren de tratamentos custosos, de aí que todo o que se poida facer benvido será”. E engadiu que “ter acceso a un diagnóstico debe ser un dereito e debería ser un reto para o sector médico”.

Os fondos recadados da venda do libro, que conta unha historia de superación ambientada na postguerra, irán destinados á investigación sobre enfermidades raras e minusvalidez.

Ao final do acto celebrado no Cine Teatro, en Ribadeo, Marisol Moreda asinou exemplares do seu libro e departiu cos asistentes.

Exit mobile version