Site icon Crónica3.com A Mariña

Mobilización do sector lácteo do norte da provincia, este xoves 20 de agosto en Vilalba

Na campaña de mobilizacións que está levando adiante o sector lácteo galego, chégalle a vez ao norte da provincia de Lugo.

A cita é en Vilalba, o xoves día 20, onde se vai poñer unha vez máis de manifesto a firme vontade do sector lácteo de defender o seu futuro luitando por un prezo xusto para o leite.

Os gandeiros e gandeiras da Mariña participarán nesta mobilización que dará inicio na explanada da Estación de Autobuses para percorrer as rúas vilalbesas ata o Campo da Feira onde se lerá o manifesto.

Os gandeiros interesados en informarse sobre a tractorada poden contactar con representantes do SLG da Mariña no teléfono 630 970 132.

Exit mobile version