Site icon Crónica3.com A Mariña

Muebles Huertas reafirma o patrocinio do equipo de Autonómica das E.D. Dourenzá

A renovación do convenio de colaboración entre a empresa MUEBLES HUERTAS e as Escolas Deportivas Lourenzá foi asinada este xoves para o patrocinio, un ano máis e por segundo consecutivo, do equipo de Autonómica de Basket. Así, Muebles Huertas levará o nome do equipo oficial de cara á competición 2015-2016 así como o grabado de roupa nas equipacións de xogo.

Súmase, polo tanto, á lista de Sponsors Oficiais do club xunto con Morangrupo (Nacional Basket), Augacons (Fútbol 1ª autonómica) e Maderas Barcia (Atletismo e Fútbol Sala).

O equipo intentará esta temporada facer outra gran campaña como a da temporada pasada con Mariano De La Torre á fronte. Ademais, a creación do equipo junior permitirá abastecer dun gran número de xogadoras a este equipo polo que se espera que realice unha gran temporada deportiva.

Nos vindeiros días coñeceranse tamén os sponsors que patrocinen o fútbol infantil e cadete así como o basket cadete e junior e o baloncesto de categorías inferiores.

Exit mobile version