Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad Burela convoca a segunda edición do certame “Muller do Ano”

Burela, 31 de agosto de 2015.- Un ano máis, Mujeres en Igualdad Burela convoca o certame “Muller do Ano”, co que queren facer un pequeno recoñecemento a esas mulleres que polos seus logros, sacrificios e/ou éxitos, destacasen durante todo o ano. A esas mulleres as cales cren que merecen un premio, pola súa constancia, pola súa humanidade, polo seu sacrificio, polos seus logros, pola súa loita… por algún motivo polo que calquera veciñ@ participante considere que merece ser premiada.

-Para participar, soamente se debe cubrir a folla do anexo desta presentación e enviala a Mujeres en Igualdad Burela. Os membros do xurado decidirán de entre todas as solicitudes, quen polas súas calidades merece ser este ano premiada coa distinción de “Muller do Ano, Mujeres en Igualdad Burela”, nun certame que farán coincidir cos actos programados en novembro con motivo do Día contra a Violencia de Xénero.

-As mulleres nomeadas para este premio deberán residir na Mariña Lucense.

-A persoas que presenten as candidaturas destas, deberá mantelo en segredo ata o momento da entrega do premio, aínda cando previamente se lles comunicase que a súa muller nominada é a premiada.

-Poderán presentarse varias candidaturas para unha mesma persoa.

-As asociacións, colectivos, colexios, agrupacións, organismos públicos e privados tamén poderán presentar as súas candidaturas.

-Desde Mujeres en Igualdad Burela queren invitar e animar a participar nesta iniciativa, “é unha grande oportunidade para facerlle saber á túa nai, irmá, tía, filla, sobriña, amiga, cooperante, veciña… o grande que é para ti e o necesaria que é nesta sociedade!”

Datos necesarios para participar
-Nome, dirección e teléfono da persoa que presenta á candidata.
-Nome, dirección e teléfono da candidata.
-Motivo polo que, a xuízo d@ persoa que presenta a candidata, a muller elixida debera ser quen levase o premio, detallando detidamente a súa historia.

As propostas deben ser enviadas á dirección postal Mujeres in Igualdad Burela, Rúa Pardo Bazán, nº 9, baixo – 27880 Burela (Lugo), ou ao correo electrónico bumeiburela@gmail.com

Exit mobile version