Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e olas na Mariña entre o 4 e o 5 de setembro co Festival Osa do Mar 2015

Setembro trae á Mariña de Lugo días de música e olas. Humanos e animais fusiónanse na Marosa para asistir a unha fin de semana de festa total guiados pola Osa do Mar. Un exemplar único e especial que sae do seu letargo, nas Tetas da Brincoleira, cando chega a primavera para comezar a alimentarse co peixe do Cantábrico e seguir medrando pouco a pouco partindo da sólida base xa cimentada.

Osa do Mar é un festival de música en Burela (na zona da praia da Marosa) que fusiona diferentes estilos para conformar un cartaz alternativo. É a expresión do estado actual da música galega, un intento de amosar o gran momento creativo que atravesan o elevado número de grupos galegos de calidade acompañados por bandas de diferentes puntos do Estado e de Portugal. A data escollida para este 2015 é a fin de semana do 4 e 5 de setembro. O esquema inicial será moi parecido á exitosa fórmula do ano pasado que levou a máis de 20 bandas ao recinto do Osa do Mar e unhas actividades como o campeonato de BMX, a ruta BTT, o obradoiro para nenos, a sesión vermú…con unha boísima acollida creando un ambiente espectacular.

Unha oferta cultural e musical única e innovadora. Unha fin de semana de festa completa, cona boa música alternativa como fío conductor mais ofrecendo outras actividades deportivas e culturais de interesa que involucran a moitos públicos e asociacións. A Asociación Cultural Fanto Fantini pretende, así, reivindicar e dinamizar unha comarca viva e que desborda potencial por todos os poros. A primeira edición amosou que hai espazo para eventos de estas características.

Actividades
Venres 4 de setembro. A MAROSA
17.30 horas: campionatos de BMX, skate, patíns e longboard
Todo o día: actividades Maremasma: surf, padel surf, bicis, kayaks…

Sábado 5 de setembro.
O PORTELO
12.00 horas: obradoiros para nen@s
14.00 horas: alfombra floral Osa do Mar (no paseo)

A MAROSA
16.00 horas: ruta BTT Osa do Mar
16.30 horas: exposición de fixies
17.30 horas: exposición de vehículos clásicos
17.30 horas: obradoiros para nen@s
17.30 horas: campionatos de BMX, patíns, skate e longboard
17.30 horas: exhibición de graffiti
Todo o día: actividades con Maremasma: surf, padel surf, bicis, kayaks..

Concertos
Venres 4 de setembro. PRAIA
17.00-17.45 horas: Preto Style
18.00-19.30 horas: Anibal Anisakis

RECINTO
20.00-20.45 horas: Banda Crebinsky
21.00 – 21.45 horas: Black Bombain
22.00-22.45 horas: Betunizer
23.00-23.45 horas: Novedades Carminha
00.00-00.45 horas: Toundra
01.00-01.30 horas: Srasrsra
01.45 -02.30 horas: Cuchillo de Fuego
02.45-03.30 horas: Jupiter Lion

Sábado 5 de setembro
SESIÓN BEARMÚ
12.30 – 13.20 horas: The Lost Omelette Makers (Boas Migas)
13.20 – 14.10 horas: Alex Casanova (O Traste)
14.10-15.00 horas: True Mountains (Kiko)
15.00-15.50 horas: The Blind Crows (Hotel Nordés)

PRAIA
17.00 – 18.15 horas: Nistra Batuko Exploration
18.30-19.30 horas: Bala

RECINTO
20.00-20.45 horas: Sofá Ambulante
21.00 -21.45 horas: When Nalda became punk
22.00-22.45 horas: Hexany
23.00-23.45 horas: Disco Las Palmeras!
00.00-00.45 horas: Sexy Zebras
01.00 – 01.45 horas: Capsula
02.00-02.45 horas: Sequin
03.00-03.45 horas: Monstruo
04.00-04.45 horas: Palida

Entradas á venda
As entradas teñen un prezo de 10 euros para cada un dos días ou 15 euros o bono para os 2 días (con gastos de xestión incluídos, en ambos casos). Os interesados poden adquirilas a través da web do festival: http://osadomar.com/entradas.html.

Exit mobile version