Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova actividade de Nordés sobre as algas, o 15 de agosto

algas 15 agosto8 de agosto de 2015.- O ano pasado, o colectivo Nordés xa descubriu o mundo das algas, coas súas variedades presentes na costa entre o Ortegal e Bares.

Un produto cheo de historia e anécdotas, ligado tanto aos lugares como ás persoas – coma as famosas “algueiras de Loiba”-, con determinadas características tanto nutricionais coma industrias e con diferentes usos culinarios, agrícolas e gandeiros.

O lema deste ano, incide na súa condición de produto mariño e gastronómico, que acabará por chegar ao noso prato dunha forma (natural) ou outra (en conserva).

A praia da Barrosa, en Céltigos, será a testigo da presentación destes organismos, importantísimos na cadea alimentaria do ámbito acuático e cada vez máis presentes na dieta humana.

O punto de encontro será a igrexa do pobo, ás 10:00 horas do sábado 15 de agosto.

Non deixen pasar a oportunidade de aprender máis sobre este mundo con Xosé Antonio Canoura e ca empresa Conservas Mar de Ardora.

Achéguense a degustar o delicioso menú que o Restaurante Orillamar (Espasante) preparará para o xantar, ás 14:00; e/ou da ruta de pinchos por este e máis establecementos da vila, a partir das 20:00 horas.

Para máis información e para confirmar a asistencia e o xantar no teléfono 653 756 454 (Ricardo).

Exit mobile version