A saída efectuarase desde o Bar Marinero e a meta estará situada na Casa do Concello. Haberá premios ao primeiro/a en chegar, ao primeiro/a en bicicleta, ao primeiro/a con disfraz, ao primeiro/a con cartivo e ao primeiro/a con can. Haberá unha zona de avituallamento no restaurante Tmos.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir das nove da noite na saída. Deberán paga un euro. A directiva de Acisa explica que “os cartos recadados serán doados ao refuxio canino de Ribadeo, que está a atravesar por unha situación complicada”. Os organizadores sinalan que “a lonxitude da carreira é de 400 metros de agonía pola costa máis dura do pobo. A saída de cada unha das modalidades farase en intervalos de 10 segundos”.
O evento foi presentado este luns pola tarde polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e por un dos organizadores, o propietario de Hola Ola, David Martínez.