Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela Pescados Rubén supera ó Cidade Narón e pasa á gran final do torneo ‘E para comer… Lugo’

burela-naronA escadra mariñá dirixida por Daniel Ibañes plasmou na pista a superioridade ante un Cidade Narón que estivo combativo en todo momento. Os burelaos despregaron un xogo alegre e dinámico controlando o partido de principio a fin e sen apuros defensivos. Iago Míguez foi o encargado de abrir a lata e aínda que gozou de máis oportunidades o conxunto local, chegouse ao descanso co 1-0. Na segunda parte o Burela Pescados Rubén aumentou a súa renda cun tempraneiro tanto de Chano (2-0). Os ferroláns acusaron o golpe inicial e Bellvert puxo o 3-0 no marcador. O dominio local era patente e nunha contra Helder realizou unha precisa asistencia a Chino que situaba o 4-0, minuto 32. Con esta distancia e co Burela Pescados Rubén temporizando o xogo chegouse á recta final dun choque que acabou con vitoria laranxa por 4-0.

Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Alex, Bellvert, Helder, Iago Rodríguez, Chino -cinco inicial- Isi, Chino, Antoñito, Iago Míguez, Carlitos, Renato.

Cidade de Narón: Juanjo, Javi, Jacobo, Rober, Juve -cinco inicial- Alex, Cristian, Buján, Iván.

Goles: 1-0, m. 8, Iago Míguez; 2-0, m.21, Chano; 3-0, m.26, Bellvert; 4-0, m.29, Chino.

Incidencias: Segunda semifinal do I Torneo E para comer, Lugo. Pavillón Vista Alegre de Burela. Presenza no palco de autoridade do seleccionador español de Fútbol Sala, José Venancio López Hierro.

*Fotografía: Manuel Gil

Exit mobile version