Site icon Crónica3.com A Mariña

O cámping Gaivota despide as queimadas dos venres de verán co concerto de Carta de Ajuste

Barreiros, 19 de agosto de 2015. O cámping Gaivota de Barreiros pecha o ciclo de concertos que acompañan ás queimas dos venres durante o verán cun concerto de Carta de Ajuste, un grupo pouco convencional que visita o espazo por segunda vez.

“Teremos un grupo realmente pintoresco, Carta de Ajuste. É un grupo de fusión musical. Optaron por un esquema realmente complexo, no que mesturan bandas sonoras de películas, composicións relativas a anuncios televisivos e, á súa vez, con versións de factura propia. Xeran un ambiente realmente pintoresco e mesmo con trazos surrealistas. É a segunda vez que pasan por aquí. Conectaron tan ben coa xente que decidimos ir rematando estas queimadas no cámping coa música deste grupo”, apunta Celso Dourado, xestor do Cámping e promotor dos concertos que se desenvolveron no Eido Dourado e no cámping Gaivota.

O concerto comezará ás 23 horas, como nas citas anteriores, e a entrada será libre e gratuíta: “invitamos a todos os que queiran probar a queimada a ver o espectáculo deste pintoresco grupo”, anima Dourado.

Exit mobile version