Tras a reunión do xurado, este emitía o seu fallo polo que se proclama vencedor do concurso ao xovense Juan Antonio Fernández Vázquez que se fixo merecedor do premio de 100 euros, vendo tamén publicado o seu traballo en forma de cartel promocionador das festas.
Coincidindo coa presentación das Festas Patronais deste ano, o noso Concello, como organizador do concurso, decideu realizar a presentación pública do citado cartel, nun acto no que participou o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e membros da Comisión de Festas do San Bartolo, así como do vencedor do certame.