Site icon Crónica3.com A Mariña

O CB Viveiro comeza esta semana a pretemporada con adestramentos en todas as súas categorías

Cun corpo técnico reforzado, xuntando a máis de 10 adestradores e adestradoras para levar as categorías base e encabezados por Armando Otero, que será o adestrador do equipo senior, continúa na mesma liña do ano pasado o CB Viveiro.

O mes de setembro será de portas abertas. Todo aquel que queira iniciarse ou probar no mundiño do baloncesto será recibido cos brazos abertos. Os interesados poden poñerse en contacto con Carlos Parra (666 03 01 19) ou con Pablo Martínez (660 81 48 56).

Ademais, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o club colaborará cun histórico do baloncesto galego, o Porta XI Ensino C.B.F de Lugo, para organizar o Stage de tecnificación Viveiro 2015, que terá lugar na localidade os días 4, 5 e 6 de setembro. Trátase dun campus específico de baloncesto para nenos e nenas nacidas entre 1998 e 2003 e que contará coa presenza dalgunhas xogadoras da Liga Femenina 2.

Exit mobile version