Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Balonmán Viveiro convoca asemblea xeral para o martes 11

Viveiro, 3 de agosto de 2015.- Balonmán Viveiro ten convocada a Asemblea Xeral do Club para o próximo martes 11. Á marxe dos puntos habituais de aprobación de presupostos, convocan a toda o equipo, para formular o proxecto deportivo para a próxima tempada 2015-16, na que o equipo sénior sairá na Primeira Autonómica. Unha categoría de moita esixencia económica e deportiva onde competirán con moitos xogadores que teñen un pé na ASOBAL.

Pola súa banda os equipos base teñen tamén o dificil papel de polo menos igualar a exitosa tempada anterior.

Inicialmente participarán nas seguinte categorías autonómicas:

Sénior: Primeira Autonómica Masculina
Xuvenil: Segunda Autonómica Masculina
Cadete: Segunda Autonómica Masculina
Infantil: Segunda Autonómica Masculina.

Exit mobile version