Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz asina coa Dirección Xeral de Tráfico un convenio de intercambio de información e colaboración administrativa

20150826_105224Alfoz, 26 de agosto de 2015.- Este mércores 26 de agosto de 2015 no Casa do Concello de Alfoz, a Xefa Provincial de Tráfico Dna. Paula Yubero Plaza e o Alcalde de Alfoz D. Jorge Val Díaz, asinaron o Protocolo de adhesión ao Convenio subscrito entre o Organismo Autónomo da Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias para o intercambio de información e mutua colaboración administrativa.

Con este convenio desde o Concello de Alfoz poderán tramitarse os cambios de domicilio dos permisos de condución e circulación evitándolle ó cidadán desprazamentos innecesarios á Xefatura Provincial de Tráfico.

Por outro lado indícase que o Concello de Alfoz, como membro da Federación Española de Municipios e Provincias, participará como observador afiliado no XI Pleno FEMP, que se celebrará en Madrid o vindeiro 19 de setembro de 2015, representado por Xabier Pardiñas Suárez, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz, quen participará na mesa de traballo de Cohesión Social.

Exit mobile version