Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz lanza un anuncio relativo á concesión da explotación da cafetería do centro socio-cultural

Alfoz, 26 de agosto de 2015.- Por Resolución de Alcaldía de día 20 de agosto de 2015 foron aprobados os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas que han de rexer na seguinte licitación:

1. ENTIDADE ADXUDICATARIA
a) Organismo: Concello de Alfoz.

2. OBXECTO DA LICITACION
a) Descrición do obxecto: A concesión da explotación do servizo de “CAFETERIA NO CENTRO SOCIO-CULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE”.
b) Lugar de execución: A prestación do servizo realizarase nas dependencias e lugares indicados no prego de condicións técnicas.
c) Prazo de execución: A duración da concesión será de CINCO ANOS contados a partir da data de formalización do contrato, podendo ser prorrogado por cinco anos máis.

3. TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACION
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Aberto.
c) Forma: Concurso.

4. ORZAMENTO BASE DE LICITACION
a) Canón: 3.000,00 euros anuais máis o IVE correspondente.

5. GARANTIA DEFINITIVA
Contía: 4 % do prezo de adxudicación.

6. OBTENCION DE DOCUMENTACION E INFORMACION
a) Perfil do contratante: http://concellodealfoz.sedelectronica.es
b) Entidade: Concello de Alfoz.
c) Enderezo: A Seara, s/n – 27773 Alfoz
d) Teléfono: 982.55.85.81

7. PRESENTACION DAS OFERTAS
Entregaranse na Secretaría municipal durante o prazo de doce días naturais, de dez a trece horas, a contar dende o seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

8. APERTURA DAS OFERTAS
Terá lugar as doce horas do quinto día hábil seguinte o do remate do prazo de presentación de proposicións.

9. CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACION
Os establecidos no prego.

10. GASTOS DE ANUNCIOS
Serán pola conta do adxudicatario.

Exit mobile version