Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo realizará unha campaña de recollida de plásticos agrícolas os días 1, 2 e 3 de setembro

Ribadeo, 25 de agosto de 2015.- O Concello de Ribadeo levará a cabo unha campaña de recollida de plásticos agrícolas os días 1, 2 e 3 de setembro e chama aos veciños interesados a solicitala ata o 28 de agosto, día en que pecha o prazo.

Jorge Díaz Freije, concelleiro de Limpeza Viaria, Xestión de Residuos e Cemiterios sinalou que esta área “levará a cabo os días 1, 2 e 3 de setembro a recollida de plásticos agrícolas porta a porta. Este traballo será realizado pola empresa Sima S.L, xestor autorizado pola Xunta de Galicia. Co fin de garantir a recollida deberá solicitarse a mesma nas oficinas xerais do Concello ou no teléfono 982 128 650”.

O edil nacionalista engadiu que “o prazo para solicitar esa recollida estará aberto ata o 28. O Concello agradece que estean os plásticos preparados para pasar a buscalos eses días e rogamos que non se mesturen con outros residuos distintos para facilitar as tarefas de recollida”.

Exit mobile version