Site icon Crónica3.com A Mariña

O concerto de música de cine a cargo da Banda Municipal de Ribadeo trasládase ó Cine Teatro debido ás condicións meteorolóxicas

Ribadeo, 28 de agosto de 2015. O concerto dedicado á música de cine a cargo da Banda Municipal de Ribadeo, que será hoxe ás dez e media da noite, trasládase ao Cine Teatro, debido as condicións meteorolóxicas que impiden celebralo ao aire libre, concretamente no parque de San Francisco, onde estaba previsto levalo a cabo. Anunciouno este venres a asociación Amadores da Música, organizadora deste evento, co que se pechará o ciclo Agosto Musical 2015.

O concerto será dirixido por David Ballester Martínez, quen explicou que a Banda Municipal de Música de Ribadeo “interpretará diferentes pezas de bandas sonoras de películas de hai anos e de non hai tantos e algunha tamén de animación. As bandas sonoras irán acompañadas de imaxes das películas que se proxectarán nunha pantalla”.

Exit mobile version