Burela, a 5 de agosto de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) manifestou este mércores as súas dúbidas sobre o traballo do goberno socialista en materia de Servizos Sociáis e Inmigración, xa que “vemos que non se fixo a exposición de traballos dos cursos do CIM e que non se están facendo actividades de verán en materia de inmigración, algo que era materia obrigada hasta o momento. Confiamos que se deban á falla de inexperiencia, o que sería disculpable, e non a unha decisión meditada, o que sería a todas luces rexeitable”.
“Por estes motivos, consideramos que as persoas que detentan as delegacións de Servizos Sociáis e Inmigración deben implicarse e comprometerse a fondo nas mesmas, porque son dous piares fundamentáis da política municipal. E estas cuestións non axudan a pensar que haxa esa implicación e ese compromiso ó cento por cento”, din os populares.
Desde o GMP consideran que “o feito de que non se teña realizado a exposición dos cursos do Centro de Información á Muller (CIM) supón un nulo recoñecemento ó traballo que fan as cáseque 200 mulleres que asistiron ós cursos de bolillos, bordado e manualidades, sendo a primeira vez, desde que se fan estes cursos, que non se realiza a exposición”.
Desde o GMP advirten que “esta exposición serve poñer en valor, non só as súas capacidades artísticas, senón tamén para que outras mulleres se animen a ter unha vida máis participativa e activa, demostrando que realmente son unhos cursos necesarios para cubrir parte do ocio e tempo libre das mulleres burelesas que tanto os demandan. Non hai que esquecer que destes espazos emerxeron varias asociacións e tamén mulleres emprendedoras que hoxendía rexentan os seus propios establecementos comerciais”.
Para o GMP tamén “resulta sorprendente que, habendo unha concellería exclusiva para inmigración, non se levaran a cabo cursos específicos para este colectivo, excepto o que o anterior goberno municipal popular deixou xestionado. Eso demostra que non basta con cubrir o expediente tendo unha delegación municipal exclusiva para este campo”.
Os populares lembran que “nos catro últimos anos se realizaron actividades con custe cero, por eso manifestamos en reiteradas ocasións que era a lexislatura dos ‘servizos sociais creativos’, xa que moitos dos cursos e das liñas de actuación foron froito de xestións que deron lugar á gratuidade das accións, desenvolvendo actividades para todos os colectivos: inmigración, maiores, persoas dependentes e os seus coidadores, muller, familia e infancia, igualdade e prevención de violencia de xénero, etc.”.
O GMP afirma que “se o novo goberno socialista segue a estela do que se viña facendo en servizos sociais, como se veu facendo sempre desde que Burela é concello, as cousas irán polo bó camiño. Non obstante, lembrámoslle ó PSOE que non se trata tan só de realizar actuacións contratadas, senón que hai que deseñar un abano de actividades diversas para todo tipo de colectivos con necesidades específicas que supoñan custe cero ás arcas municipais.”
Finalmente, os populares aseguran que “o concello conta con excelentes profesionáis no campo dos servizos sociáis e da inmigración, que o teñen demostrado durante moitos anos. Só queda que as persoas que teñen a responsabilidade política nesas materias non poñan en entredito o seu traballo e que, apostando pola continuidade do que funcionou ben, aporten ideas novas para que as profesionáis as desenvolvan”.