Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno da Deputación solicita un informe á xefa do servizo de Comunicación e TICS sobre o ceste da publicación cos datos patrimoniais dos deputados na web da entidade

Lugo, 28 de agosto de 2015.- Dende a Deputación de Lugo infórmase en relación coa publicación na web institucional das declaracións presentadas polos deputados provinciais en cumprimento do artigo 74.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réxime local o seguinte:

• A Deputación de Lugo fixo efectiva a publicación dos datos patrimoniais dos novos deputados provinciais tras a toma de posesión da nova corporación

• Tendo constancia efectiva desta publicación remitiuse á Xefa de Servizo de Comunicación e das TICs un escrito no que dende o Goberno da Deputación se lle require un informe no que dea conta das circunstancias que motivaron o cesamento desta publicación. O referido escrito enviouse hoxe por correo electrónico e mañá faráselle chegar a través do rexistro interno da Deputación de Lugo.

• É necesario lembrar que, entre as principais funcións do servizo de Comunicación e TICs, atópase a de coordinación de proxectos relacionados coas novas tecnoloxías. Dende o servizo lánzanse diferentes proxectos de subministro e servizos particulares vencellados coas novas tecnoloxías e sistemas de información que teñen un marcado carácter transversal para a Deputación e os concellos (compra de equipos, mantemento de portais corporativos…)

• Do mesmo xeito, dende a Deputación de Lugo laméntase que por parte desta funcionaria se lle dea información antes á oposición que ao equipo de goberno, e como responsable do mantemento da web non se nos comunicase esta circunstancia. É cando menos criticable que unha xefa de servizo se dedique a obstaculizar ao goberno.

• O Goberno provincial informa a maiores que o rexistro de declaracións de bens e intereses dos deputados atópase en rexistro público e está a disposición de quen o desexe consultar na Secretaría Xeral da Deputación

• Por último, a Deputación de Lugo está a mellorar a transparencia tal e como lle requiriu o Valedor do Pobo ao PSOE cando tiña responsabilidades de goberno. Deste xeito, adoptamos medidas como a de desencriptar os decretos de Presidencia, xa que os socialistas ocultaran os conceptos en virtude dos cales se efectuaban os pagos das facturas. Ata tres denuncias do Grupo Provincial do Partido Popular foron admitidas a trámite polo Valedor do Pobo ante a falta de transparencia dos socialistas no goberno.

Exit mobile version