Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Cervo non entende como PSOE e BNG votaron en contra de destinar 315.000 euros a asuntos como o fomento de emprego

Cervo, 3 de agosto de 2015.- O goberno municipal de Cervo non entende como os grupos de oposición, PSOE e BNG, no pleno da corporación celebrado o pasado venres, votaron en contra de destinar 315.000 euros do remanente correspondente ao exercicio do ano pasado a asuntos como o fomento do emprego.

“Ao equipo de goberno do Concello gustaríanos saber como lles van explicar aos veciños de Cervo, tanto o PSOE como o BNG, por que votaron en contra no pasado pleno da corporación municipal dun suplemento de crédito 315.000 euros, un diñeiro que está nas contas do Concello en positivo, que non procede da petición dun crédito senón que é do remanente do exercicio de 2014 debido á boa xestión económica do Concello de Cervo dende hai anos, e que vai para partidas como cultura, deporte, obras e fomento do emprego. Sobre todo non entendemos como votaron en contra de que se fomente o emprego, a través de becas de formación, para o que se destinan 50.000 euros. Pero tamén hai unha cantidade importante para a partida de obras, duns 90.000 euros; unha de cultura con 5.000 euros; e para deportes en torno a outros 90.000 euros, por exemplo”, manifestou a concelleira de Facenda, Dolores García Caramés.

Este suplemento de crédito foi aprobado cos votos favorables dos concelleiros do goberno municipal do Partido Popular no pleno da corporación cervense celebrado o pasado venres.

Exit mobile version