Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mercado Medieval de Mondoñedo chega á súa XXIV edición

Mondoñedo, 3 de agosto de 2015.- O próximo venres día 7 de agosto inaugúrase a XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo que se celebrará ao longo de todo o fin de semana ata a noite do domingo día 9.

Mondoñedo, na provincia de Lugo, transfórmase dende hai 24 anos, nunha cidade do medievo, as rúas do casco histórico énchense de postos de artesáns e de demostración de oficios tradicionais: olaría, forxa, canteiros, ferreiros, serigrafía… así como a ambientación de personaxes con soldados, malabaristas, músicos, exhibicións de cetraría, xogos populares, etc…, onde ademais a gastronomía e as degustacións de produtos típicos da bisbarra ocupan un lugar privilexiado, culminando o sábado día 8 cunha cea medieval.

Esta iniciativa tivo tal repercusión que, ao longo das edicións, ampliou a súa extensión dun a tres días e este ano o número de postos será de 200, 60 máis que na edición anterior.

Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, anunciou que impulsará a declaración do Mercado Medieval de Mondoñedo como Festa de Interese Turística Galego.

“Sesenta postos de nova incorporación e un total de 200 participantes, dan conta do interese que este evento ten, non só na localidade de Mondoñedo e en Galicia, senón a nivel interprovincial xa que cada ano aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas como Asturias, fomentando o turismo de proximidade” declara Candia e engade “Consideramos que a Feira Internacional de Mostras de Asturias é a plataforma ideal para presentar o Mercado Medieval de Mondoñedo, dada a importancia e o gran número de visitantes que ten esta Feira”.

Exit mobile version