Site icon Crónica3.com A Mariña

O Palma Futsal conquista o torneo ‘E para comer… Lugo’

burela-futsalO Palma Futsal proclamouse campión do I Torneo E para comer, Lugo ao vencer ao Burela Pescados Rubén por 2-7 nun partido trepidante que se mantivo equilibrado ata o tramo final do encontro. A escuadra laranxa envorcouse en reducir distancias e apostando polo xogo de cinco e aínda que reduciu distancias Pizarro sentenciou con dous goles.

O presidente de E para comer Lugo, Cheché Real, fixo entrega da placa de campión a Vadillo, capitán do Palma Futsal, e o presidente do Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, ao seu capitán Edu como subcampión do Torneo. A gran final pechou un Torneo brillante no que os catro equipos mostraron un excelente nivel, malia estar aínda en pretemporada.

O CD Burela FS Pescados Rubén e o Palma Futsal comezaron a final con gran intensidade e presionando moito ao seu rival. Vadillo avisou cun disparo á madeira e tivo como resposta un bo disparo de Iago Míguez que detivo Carlos Barrón. Con esta presentación comezou unha final que non tiña dono, ambos conxuntos alternaron o perigo en área contraria. Nunha primeira fase, os mariñaos gozaron dun par de ocasións por mediación de Chino e despois os mallorquíns con Sergio e Joselito como protagonistas. No minuto 17 chegou o primeiro tanto, tras unha xogada arriscada dos mariñaos con Edu en pista contraria o balón chegou aos pés de Tomaz que con toque sutil bateu a meta baleira do Burela.

Co 0-1 chegouse ao descanso e na segunda parte os pupilos de Daniel Ibañes saíron máis enchufados que a escuadra dirixida por Juanito. Ao dominio laranxa baseado nunha boa circulación de balón que evitaba a presión insular faltoulle precisión no último pase para xerar perigo real. No minuto 27 rompeuse a igualdade do partido. Expulsión de Edu por vermella directa, tras unha falta nas inmediaciones de área sobre Attos, e nesa acción de estratexia Paradynski marcou o 0-2. O Burela que comezaba a acusar certo cansazo, apostou polo xogo de cinco a falta de moitos minutos e aínda que recortou o marcador co 1-3 logrado por Chino foi penalizado polo acerto mallorquín. Chicho situou o 1-4 e Chano fixo o 2-4 pero o 2-5 logrado por Sergio cortou a reacción burelá. Pizarro nos minutos finais redondeou o marcador con dous goles máis (2-7) para levar o título de campión a Palma de Mallorca.

Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Isi, Chano, Chino –cinco inicial- Antoñito, Iago Rodríguez, Bellvert, Helder, Alex, Renato.

Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Joselito, Tomaz, Chicho –cinco inicial- Attos, Pizarro, Paradynski, Sergio, Tripodi.

Goles: 0-1, m.17, Tomaz; 0-2, m.27, Paradynski; 0-3, m.29, Vadillo; 1-3, m.31, Chino; 1-4, m.32, Chicho; 2-4, m.33, Chano; 2-5, m.36, Sergio; 2-6, m.38, Pizarro; 2-7, m.38, Pizarro;

Incidencias: Final do I Torneo E para comer, Lugo. Pavillón Vista Alegre de Burela. Presenza no palco de autoridades do seleccionador español de Fútbol Sala, José Venancio López Hierro.

Exit mobile version