Site icon Crónica3.com A Mariña

O parque de San Francisco de Ribadeo acollerá este martes unha observación astronómica organizada pola Universidade de Santiago

Ribadeo, 25 de agosto de 2015.- O parque de San Francisco será escenario este martes pola noite dunha observación astronómica. A actividade está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Ramón María Aller e conta coa colaboración do Concello ribadense.

Segundo explica a concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, “a observación dará comezo ás 22:30 horas. Animamos á xente a que acuda a disfrutar desta actividade, que noutras ocasións contou con bastante público tanto adulto como con nenos e nenas de varias idades”.

A Universidade de Santiago xa organizou en anos anteriores observacións astronómicas en Ribadeo tanto na vila como nalgunhas parroquias e mesmo nas Catedrais.

Exit mobile version