Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que “as obras do acceso ó porto van a bo ritmo”

chema-ferrocarrilBurela, a 17 de agosto de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou este venres que “as obras do acceso ó porto van a bo ritmo, dado que está moi avanzada a construcción do desvío da línea de ferrocarril”, cuestión que puideron constatar hoxe o portavoz do grupo, José María González Barcia, e o edil José Casas Martínez.

Ademais, “estanse levando a cabo as obras previas necesarias para logo entroncar todas as canalizacións que veñan do acceso ó porto á rede xeral que existe no muelle do Berbés xusto na zona a onde chega o novo vial, e na que hai unha grande concentración de canalizacións de servicios públicos, como saneamento, enerxía eléctrica, etc.”, indicaron desde o GMP.

O portavoz do GMP, José María González Barcia, asegurou que “o novo trazado da vía do ferrocarril é fundamental para continuar coa obra, xa que deste desvío depende todo o demáis; está xa colocada unha boa parte da nova vía, e xa se repuxeron os servicios de saneamento afectados. Calculamos que nun mes o desvío do ferrocarril pode estar rematado”.

Barcia e Casas consideran que “a este paso, as obras poden estar rematadas en prazo, dentro da primavera próxima, sempre e cando a climatoloxía do inverno non sexa demasiado desfavorable”.

José María González Barcia lembrou que “as obras, que no seu conxunto (proxecto, asistencia técnica, a propia obra, etc.) tén un presuposto de oito millóns de euros, adxudicáronse en setembro do ano pasado e comenzaron en novembro; e nestes últimos cinco meses as obras tiveron un fortísimo impulso”.

Finalmente, o portavoz do Grupo Popular dixo que “non hai que esquecer que esta obra é fundamental para Burela, que a vén demandando desde hai tempo. Pero tampouco hai que esquecer que está sendo posible porque hai un goberno autonómico, que preside Núñez Feijoo, que apostou decididamente por esta obra nunha época de especial dificultade económica. Outros puideron facela, pero o único que fixeron foi iniciala e parala, porque non souberon ou non quixeron cumplir con Burela. Ahora, co goberno actual da Xunta, fíxose o novo proxecto, estase facendo a obra, e rematarase a obra, a pesares de algúns que decían que todo era puro electoralismo. E desde o último goberno municipal do PP, dou fé de que traballamos arreo para sacar adiante esta obra, polo que nos sentimos especialmente satisfeitos de ver cómo o noso intenso traballo durante moitos meses dá os seus froitos”.

Exit mobile version