Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro presenta en Pleno varios rogos en relación a varias deficiencias nas rúas do municipio

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) Nunha das entradas para vehículos ó supermercado Gadis de Viveiro
( antiga saída enfrente o edificio de correos) con beirarrúas a ambos lados , non hai paso de peóns, polo que representa un perigo para os viandantes. por eso ROGAMOS que os técnicos do Concello ou a Policia local elaboren un informe para a súa posible colocación .

2º) O Aparcamento situado entre o edificio da Cruz Vermella e o CEP Lois Tobio , ó inicio da Avda. Martin Ledesma, presenta un firme moi deteriorado, cheo de fochancas, motivo polo que ROGAMOS ó equipo de Goberno que dado o inminente inicio do curso, proceda a maior brevidade posible o seu bacheado.

3º) Ultimamente estanse producindo unha serie de caídas e pequenos accidentes nalgúns tramos do Paseo do Río Landro, en concreto no pavimento de madeira, debido ó deteiroro nalgunhas das tablillas que o conforman. Tamén observamos desde fai tempo que nas catro pontes, desde o barrio das Aceas ata pasar o campo da festa de Xunqueira, sucede que na unión das planchas de pedra con estas pontes hai un desnivel nalgunhas de ata 5 cm, o que ten provocado tanto para os viandantes como ós ciclistas varias caídas. Por estes motivos ROGAMOS ó equipo de goberno que proceda a súa reparación para evitar tanto os mencionados accidentes, como o mal aspecto antes sinalado.

4º) Na Ponte Romana da Misericordia os barrotes de ferro forxado están oxidados, asi como as súas barandillas moi deteriodadas , principalmente a da marxe esquerda Viveiro –Misericordia con rupturas nalgunhas zonas. Este mal estado dos elementos mencionados pode entrañar serios riscos para os usuarios da ponte, en especial para os nenos e nenas que diariamente a cruzan para ir ós colexios. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno que se tomen as medidas oportunas para solucionar esta problemática.

5º) Na beirarrúa da avenida Cantarrana á altura da vivenda nº 32, esquina coa rúa Mondoñedo está rota unha baldosa, así como a falta dalgúns terrazos na zona do paseo marítimo Viveiro-Covas na zona do Cembedo frente o campo de futbol, co conseguinte risco de accidentes para viandantes e ciclistas. Por eso ROGAMOS ó equipo de goberno que se proceda a súa reparación.

6º) Na recién reparada rúa de acceso ó antigo Colexio de Covas e na parte que aínda non esta reparada, os veciños quéixanse do exceso de velocidade coa que transitan algúns vehículos ó paso pola mencionada rúa. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno que se adopten as medidas necesarias para o control destas velocidade excesivas.

7º) Na carretera LU-540, entre Viveiro – Magazos no Barrio de Fondon á beira da vivienda nº 5 e mismo enfrente da estrada de acceso á igrexa, dentro da parroquia de Magazos, falta o espello retrovisor de seguridade vial existente hasta fai uns meses. Por este motivo ROGAMOS se repoña dito espello retrovisor a maior brevidade posible.

Exit mobile version