Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP laurentino considera que a comisión de contas celebrada este venres pon de manifesto a boa xestión do goberno anterior

Lourenzá, a 21 de Agosto do 2015.- Este venres pola mañá celebrouse Comisión Especial de Contas no Concello de Lourenzá para aprobar un suplemento de crédito de 45.000 € e para aprobar a conta xeral do exercicio 2014. A concelleira popular e portavoz do grupo municipal votou favorablemente os dous asuntos da orde do día.

A espera de que sexa aprobada definitivamente en pleno, a Conta xeral do exercicio 2014 foi informada esta mañá pola Secretaria do Concello, poñendo de manifesto a boa xestión levada polo goberno popular ao fronte do Ente Local, xa que o exercicio cerrouse con estabilidade orzamentaria sendo o resultado presupuestario de 96.294,57 €

Dos datos explicados tamén se deduce que o remanente de tesorería a 31 de decembro do 2014 foi de 379.778,71 €, desta cantidade son fondos líquidos 122.309 €, un 18 % máis do que supuxo esta partida no 2013, e isto, sen deixar de lado o período medio de pago a proveedores que rematou o ano por debaixo dos 30 días tal e como dictamina a lei.

Por outro lado, o aforro que supuxo o desestimento do refinanciamento do Préstamo do Plan de Proveedores, acordo tomado no Pleno do 28 de abril deste mesmo ano, permitíu facer un suplemento de crédito de 45.000 nas partidas de outros investimentos e reposición de infraestructuras e bens de uso xeral.

Con este suplemento de crédito, algo que o anterior goberno xa tiña previsto, faiselle fronte a 23.972,06 € que o goberno popular destinou a paliar os danos ocasionados polo temporal sufrido a finais do ano pasado.

A maoires pagarase a escollera feita no aparcamiento do Cementerio de Santo Tomé cuio coste, segundo se saca das facturas presentadas a este grupo foi de 3.500 €, faráselle fronte ao pago do Inventario Municipal de Camiños que deixou adxudicado a popular Alvarez Chao cando foi alcaldesa e tamén se pagará a parte que o concello ten que poñer de fondos propios para acondicionar o recinto do mercado feiral, esta obra farase con cargo a subvención que o anterior goberno deixou solicitada a Xunta de Galicia.

Exit mobile version