Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz reclamaba unha solución ante a suspensión do mercado local do martes

Dende o Psoe de Foz queremos responderlle o Sr. Alcalde. Acúsanos de inmadurez política e de non coñecer a realidade do pobo. Todo por reclamar que se deixara realizar o mercado local do martes pasado que foi suspendido.

Non sabemos quen pensa que se trata dunha loita política. Moitos dos comerciantes dirixíronse a nos pedindo axuda neste tema. Non se trataba máis que de buscar unha solución e non ver fantasmas onde non os hai.

De estar o porto cheo de cables de alta tensión, como eles din, tanto perigo terá para os comerciantes como para os viandantes.

E ó estar o porto cheo de barracas e de caravanas, o normal, era buscarlle unha nova ubicación. Cousa que, o PSOE de Foz, lle propuxo ó Sr. Alcalde quen, coma sempre, fixo oídos xordos ós veciños.

Inmadurez é a do Sr Alcalde, que ademais acusa ós veciños de Foz de non colaborar o suficiente nas festas de San Lourenzo. Se non ten capacidade de unir esforzos e implicar ós veciños nas festas, quizás debera traballar doutro xeito. Non creemos que vaia conseguir máis colaboración “regañándonos” publicamente.

Exit mobile version