Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe a Candia que nomee e dea posesión a 5 funcionarios de carreira

Lugo, 27 de agosto de 2015.- O Grupo Provincial Socialista esixe a Candia que nomee e deixe tomar posesión a 5 funcionarios de carreira que aprobaron as oposicións para varios postos na Deputación, probas que se celebraron e aprobaron sendo xa Candia Presidenta do organismo provincial. Trátanse dun arquitecto, un enxeñeiro de camiños, un técnico de administración xeral, un técnico superior en ciencias económicas e empresarias, e un técnico superior en informática. Os socialistas alertan a Candia que non pode bloquear intencionadamente o acceso destes profesionais aos seus empregos. De feito, o PSOE sabe que xa se están a estudar accións xudiciais contra Candia por non nomear e impedir a toma de posesión destes profesionais, tal e como xa fixo cos 12 axentes de dinamización empresarial do Ben Empregado II.

O Deputado Provincial do PSOE, Álvaro Santos Ramos, reclamou a Candia que nomee e dea posesión a estes 5 funcionarios de carreira, e leve ao Pleno a aprobación definitiva da RPT que beneficia a maioría dos traballadores da Deputación. Santos Ramos remarcoulle á Presidenta popular que “faga isto dunha vez por todas e deixe de desmantelar os servizos provinciais e acantoar aos traballadores públicos para colocar aos seus amigos, de poñer pechaduras nos departamentos da Deputación, de desconfiar no persoal da administración que leva décadas amosando a súa profesionalidade e de destruír emprego”. O socialista subliñou que “non permitir, por puro capricho, que estes 5 traballadores accedan aos seus postos de traballo é un exemplo máis da súa obsesión por destruír emprego na provincia”.

É a 2ª vez que Candia bloquea a toma de posesión de traballadores
É a 2ª vez que o PSOE ten que esixir a Candia que deixe tomar posesión dos seus postos de traballo na Deputación a profesionais que aprobaron oposicións públicas. A primeira vez foi cos 12 lucenses desempregados que resultaron beneficiados do concurso público e aberto a todos os cidadáns para a xestión do Ben Empregado II. Logo de case 1 mes no que Candia bloqueou esta ducia de empregos na provincia como axentes de dinamización empresarial, a Presidenta popular viuse na obriga de rectificar tras a denuncia que fixo o Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo en defensa destes profesionais e do emprego. “Agardamos que Candia tamén rectifique neste caso”, remarcou Santos Ramos.

Obsesión de Candia por destruír emprego
A obsesión de Candia por destruír emprego supuxo que non se creasen 135 postos de traballo nas profesionais con máis futuro na provincia. Isto debese a que Candia foi capaz de perdeu 90.000 euros de fondos europeos por non celebrar 9 accións formativas remuneradas e con prácticas en empresas para 135 parados na provincia cuxo obxectivo era facilitar a súa inserción laboral. Estes cursos enmarcábanse no Pacto Provincial polo Emprego, proxecto europeo da Deputación de Lugo. Esta obsesión de Candia tamén supuxo que 60 empresas que resultaron beneficiados do Ben Empregado II se quedasen sen candidatos para traballar nas mesmas, destruíndo outros 60 novos postos de emprego na provincia para desempregados lucenses. O PSOE xa esixiu a Candia que recorra ao INEM para solventar esta situación, posto que así o facilitan as bases deste plan de emprego. Candia é a Presidenta que máis desempregou creou en menos tempo, posto que tan só leva 2 meses neste cargo.

Exit mobile version