Site icon Crónica3.com A Mariña

O San Bartolo 2015 de Xove celebra este xoves o Día dos Nenos

PROGRAMA MAN CARA 1 ACTIVIDADES SAN BARTOLO 2015Xove, 26 de agosto de 2015.- Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2015, este xoves 27 de agosto celebraranse as seguintes actividades dentro do denominado DIA DOS NENOS:

-16:00 HORAS: actuación do Grupo NI FU NI FA coa obra”UN RATO DE BIBLIOTECA” no Salón de Actos do Centro Cívico. Este espectáculo teatral vai dirixido en especial a nenos/as, pero aberto a familias e a todo tipo de público.

Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

-17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos xogos e inchables. Vaise desenvolver na Praza do Centro Cívico; en caso de choiva, as atraccións do Parque instalaríanse dentro do Pavillón Municipal de Deportes, polo cal a actividade está totalmente garantizada.

Dentro dos inchables que imos ter, dous son de auga, polo que se recomenda que os nenos/as e rapaces/as veñan cun bañador e unha toalla para poder disfrutar plenamente dos mesmos.

-21:30 horas: PREGÓN DAS FESTAS a cargo de D. Antonio Rodríguez Basanta, Administrador da Diócese de Mondoñedo-Ferro. No salón de Actos do Centro Cívico.

Todas estas actividades, en especial o teatro para nenos e os inchables, son de carácter totalmente libre e gratuito, e desde o Concello aproveitan para invitar a tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove e de toda a Comarca a que asistan.

Exit mobile version