A edil nacionalista explicou que “finalmente programamos dous supostos de afogamento, de dúas persoas que se atopaban en perigo nos dous areais. Nun caso, no dos Castros, só interviñeron os socorristas desta praia e das Illas. A súa rápida intervención foi determinante. E na praia das Catedrais contamos coa participación do servizo de socorrismo de Augas Santas e do técnico sanitario que traballa nesa praia”.
Ermida subliñou que “os tempos de atención nos dous casos atópanse dentro dos parámetros habituais”. E agradeceu o traballo realizado polos socorristas e polo técnico sanitario.
Nos simulacros participaron os dous coordinadores do servizo de socorrismo de Ribadeo e tamén a técnica de Medio Ambiente.