Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro preguntarán no Pleno de setembro polos pasóns de peóns de acceso á Praza de Lugo e á Praza de Abastos

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1º) O grupo municipal do PP fixo un rogo nun Pleno – fai mais de dous anos – , no que solicitaba a colocación de pasos de peóns na Praza de Lugo para acceder á mesma. Esta é unha zona de ocio na que ademáis hai uns contenedores soterrados, polo que o acceso debería de facerse coas máximas condicións de seguridade para os peóns, máis agora se cabe co novo plan de tráfico. Por todo esto lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

– Cal e motivo polo que o dia de hoxe non hai ningún paso de peóns nesta zona da rotonda da Praza de Lugo?
– Vaise a colocar algún paso de peóns nesta zona?
– En caso afirmativo, cando e en que zona da rotonda pensan facelo?

2º) Son moitos os veciños e comerciantes que se teñen dirixido a nós, como seguramente tamén se terán dirixido ó Goberno Local, pedindo que que se pinte de novo o paso de peóns da Avenida Galicia frente á Praza de Abastos – donde estaba anteriormente -. Observamos como diariamente son moitas as persoas que atravesan a estrada por este punto, co conseguinte risco para eles e os propios conductores. Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

– Ten pensado o equipo de goberno volver a restituir dito paso de peóns?
– En caso afirmativo, cando pensan facelo?. De non ser así, cales serían as razóns que impedirían volver a píntalo neste lugar?.

3º) Existe un gran malestar entre os comerciantes e veciños do Casco Histórico pola suciedade que provoca a abundante presencia de gaivotas – sobre todo as súas deposicións -. Fai uns anos, por parte do Concello, fixerase unha recollida e retirada de niños e ovos destas aves por Proteccion Civil . Por esto PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

– Teñen pensado adoptar a curto ou medio plazo, algunha medida para erradicar estes problemas causados polas gaivotas?
– En caso afirmativo, en que consistirían ditas medidas?

4º) Según a prensa máis de 90 niños de avespas velutinas foron retirados por un apicultor de esta comarca dende xuño de varios Concellos da Mariña. Calculan os expertos que so nos concellos de Xove , Cervo e Viveiro podería haber máis de 5.000 niños , A Mariña e unha das tres zonas de Galicia de influencia destas avespas asiáticas polo que significa un problema pos sectores da Apicultura , da madeira como po noso Concello.
Por todo esto lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

– Ten o Concello persoal para localizar os niños nas zonas do Concello?
– Hai colaboración con outros concellos afectados e ca Administracion autonomica para tratar de solucionar este máis que posible problema?
– Hai previsión a curto prazo, para adoptar unhas medida e un control máis exhaustivos para tratar de eliminar no máximo posible esta plaga de avespas?.

5º ) Varios veciños teñense dirixido a nós nestas datas preguntándonos porque están cerrados os aseos públicos do Templete dos xardíns Noriega Varela, máxime nesta época de bo tempo onde son moitas as persoas que fan uso do espacio dos xardíns – o noso grupo xa se interesara por este asunto en plenos do 2008 e 2009 -. Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa :

– Cales son os motivos polo que estes servicios leven tanto tempo cerrados?
– Teñen pensado abrilos o público?
– En caso afirmativo, cando pensan facelo?

6º) O 24 de outubro de 2014 incouselle un expediente de execución a unha edificación na rúa Rosalía de Castro , nº 67 , por razóns de seguridade e entre algunha das deficiencias sinaladas aludiase a existencia de pedras de gran tamaño que presentaban perigo de caída ó vial publico. Fai uns días noutra edificación do Casco Histórico ,concretamente na Avd Navia Castrillon nº 9 atopabamos outra vivenda que presentaba múltiples defectos que debían de ser subsanados. Por estes motivos lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

– En que situación se encontran, ó dia de hoxe, os expedientes de ambas edificacións?
– Cantas edificacions do Casco Historico lle constan ós técnicos da Oficina de rehabilitación que están en malas condicións?
– A cantos destes propietarios se lle comunicou para que reparasen ditas deficiencias?

Exit mobile version