Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas acusan a Candia de suprimir máis de 260.000 euros para emprego en beneficio dos Concellos do PP coas Axudas ao Fogar

O Grupo Provincial Socialista desvela e demostra, con documentación oficial e pública, que Candia suprimiu máis de 260.000 euros para emprego na provincia, que o Executivo progresista de Gómez Besteiro deixou consignados no Orzamento Participativo de 2015 en resposta ás peticións dos veciños, para beneficiar aos Concellos do Partido Popular. Pois Candia destinou estes cartos ao incremento das Axudas ao Fogar en 500.000 euros (queda por coñecer de onde quitou a cantidade restante), que repartiu nun 66% entre os 33 Concellos do PP, nun 22% entre os 27 do PSOE e nun 12% entre os 6 de BNG e Independentes. Este reparto claramente partidista e discriminatorio compróbase coa comparación das subvencións concedidas en 2014 e 2015. Os socialistas denuncia que este é un novo ataque ao emprego e unha mostra máis das mentiras e artimañas caciquís de Candia.

Decreto para suprimir fondos para emprego

A propia Candia asinou o pasado 13 de xullo o decreto número 1843 para anular 263.825 euros para o fomento do emprego do Presuposto Participativo. Tal e como se pode ver no decreto, fíxoo para transferir estes fondos ao incremento da partida das Axudas ao Fogar. Os socialistas consideran que este é un novo ataque ao emprego na provincia, pois, nos pasados día, Candia perdeu 90.000 euros de fondos europeos para contribuír a inserción laboral de 135 desempregados lucenses a través dos cursos remunerados e con prácticas en empresas do Pacto Provincial polo Emprego. Este é un caso inédito, posto que durante os 8 anos de Goberno de Besteiro desenvolvéronse máis de 100 accións formativas por toda a provincia, nas que participaron milleiros de lucenses. De feito, a boa xestión dos fondos comunitario, supuxo que a Unión Europea premiase ao Executivo progresista ata en 3 ocasión con máis cartos. Pola contra, o Goberno de Candia non foi capaz de poñer en marcha tan só 9 destes cursos, xustificando a súa desidia con ataques persoais porque non puideron negar estes feitos que son irreversibles. A maiores, Candia segue sen poñer en marcha o Ben Empregado II, bloqueando a creación de 350 emprego na provincia.

 Reparto dos 500.000 euros máis para as Axudas ao Fogar

Comparando con documentación oficial e pública as subvencións concedidas aos Concellos para as Axudas ao Fogar nas anualidades de 2015 e 2014 (estas últimas pódense ver na seguinte ligazón á Acta da Xunta de Goberno Provincial do 18 de xullo do ano pasado http://bit.ly/1WG94HD),  compróbase a onde Candia dirixiu os 500.000 euros de incremento para as Axudas ao Fogar: 331.176 euros, é dicir, o 66% deste cantidade, foron para os 33 Concellos do PP; 109.949 euros, o 22% dos fondos, para os 27 do PSOE; e 58.875 euros, o 12%, para os de BNG e Independentes. Polo tanto, os socialistas remarcan que: PRIMEIRO.- demóstranse as artimañas caciquís de Candia, que renuncia a fondos de emprego para os lucenses en beneficios do Partido Popular. E SEGUNDO.- desmóntanse, unha vez máis, as mentiras e a política populista de Candia, que aumentou a partida do SAF por intereses do PP e non para beneficiar aos 66 Concellos que reciben estas axudas, pois non todos os Concellos ganan cartos e moito menos aumentan nun 71% os fondos.

CONCELLO

GOBERNA

POBOACIÓN

SUBVENCIÓN 2014

SUBVENCIÓN 2015

DIFERENZA 14-15

Abadín

PP

2646

5.736,00 €

12.934,00 €

7.198,00 €
Alfoz

PSOE

1903

7.352,00 €

11.585,00 €

4.233,00 €
Antas de Ulla

PP

2152

10.582,00 €

36.859,00 €

26.277,00 €
Baleira

PP

1392

22.276,00 €

62.631,00 €

40.355,00 €
Baralla

PP

2774

6.250,00 €

5.696,00 €

-554,00 €
Barreiros

PP

2994

9.477,00 €

23.753,00 €

14.276,00 €
Becerreá

PSOE

3012

6.127,00 €

16.731,00 €

10.604,00 €
Begonte

PP

3179

5.046,00 €

17.389,00 €

12.343,00 €
Bóveda

PP

1571

7.044,00 €

8.095,00 €

1.051,00 €
Burela

PSOE

9660

16.790,00 €

11.364,00 €

-5.426,00 €
Carballedo

PP

2401

9.144,00 €

36.153,00 €

27.009,00 €
Castro de Rei

PP

5226

3.050,00 €

5.798,00 €

2.748,00 €
Castroverde

PSOE

2823

3.697,00 €

5.701,00 €

2.004,00 €
Cervantes

PSOE

1528

6.108,00 €

19.357,00 €

13.249,00 €
Cervo

PP

4369

4.737,00 €

2.003,00 €

-2.734,00 €
Chantada

INTA

8553

12.777,00 €

24.348,00 €

11.571,00 €
Corgo, O

PP

3695

5.475,00 €

3.543,00 €

-1.932,00 €
Cospeito

PP

4892

3.728,00 €

6.901,00 €

3.173,00 €
Folgoso do Courel

PP

1106

4.437,00 €

7.045,00 €

2.608,00 €
Fonsagrada, A

PSOE

3960

16.234,00 €

22.552,00 €

6.318,00 €
Foz

PP

9899

6.618,00 €

5.082,00 €

-1.536,00 €
Friol

PP

4004

3.903,00 €

9.393,00 €

5.490,00 €
Guitiriz

PSOE

5564

13.980,00 €

19.220,00 €

5.240,00 €
Guntín

PP

2927

2.019,00 €

5.603,00 €

3.584,00 €
Incio, O

PSOE

1797

5.943,00 €

7.564,00 €

1.621,00 €
Láncara

PSOE

2789

2.752,00 €

7.689,00 €

4.937,00 €
Lourenzá

PSOE

2338

5.618,00 €

7.406,00 €

1.788,00 €
Meira

PSOE

1731

5.866,00 €

1.957,00 €

-3.909,00 €
Mondoñedo

PP

3991

16.183,00 €

37.061,00 €

20.878,00 €
Monforte de Lemos

PSOE

19201

52.345,00 €

59.226,00 €

6.881,00 €
Monterroso

INTA

3779

4.417,00 €

3.063,00 €

-1.354,00 €
Muras

BNG

696

7.254,00 €

20.043,00 €

12.789,00 €
Navia de Suarna

PSOE

1254

8.774,00 €

8.500,00 €

-274,00 €
Negueira de Muñiz

PSOE

211

3.773,00 €

11.822,00 €

8.049,00 €
Nogais, As

PP

1228

4.220,00 €

13.787,00 €

9.567,00 €
Ourol

PSOE

1090

10.720,00 €

31.426,00 €

20.706,00 €
Outeiro de Rei

PP

5083

8.764,00 €

9.232,00 €

468,00 €
Palas de Rei

PP

3601

21.083,00 €

64.718,00 €

43.635,00 €
Pantón

PP

2708

11.462,00 €

21.333,00 €

9.871,00 €
Paradela

PP

1967

3.500,00 €

4.553,00 €

1.053,00 €
Páramo, O

PP

1484

882,00 €

2.667,00 €

1.785,00 €
Pastoriza, A

PSOE

3309

10.210,00 €

17.869,00 €

7.659,00 €
Pedrafita do Cebreiro

PSOE

1155

6.698,00 €

20.643,00 €

13.945,00 €
Pobra do Brollón, A

BNG

1830

12.385,00 €

20.412,00 €

8.027,00 €
Pol

PSOE

1738

7.396,00 €

8.391,00 €

995,00 €
Pontenova, A

PSOE

2534

1.774,00 €

4.375,00 €

2.601,00 €
Portomarín

PP

1624

2.586,00 €

3.581,00 €

995,00 €
Quiroga

PP

3501

4.759,00 €

7.168,00 €

2.409,00 €
Rábade

INTA

1604

3.743,00 €

7.956,00 €

4.213,00 €
Ribadeo

BNG

10010

21.575,00 €

47.279,00 €

25.704,00 €
Ribas de Sil

PSOE

1011

3.198,00 €

10.057,00 €

6.859,00 €
Ribeira de Piquín

PSOE

583

2.555,00 €

4.042,00 €

1.487,00 €
Riotorto

PP

1395

13.861,00 €

18.200,00 €

4.339,00 €
Samos

PSOE

1458

5.973,00 €

6.973,00 €

1.000,00 €
Sarria

PSOE

13504

6.814,00 €

4.557,00 €

-2.257,00 €
Saviñao, O

PP

4113

17.175,00 €

29.262,00 €

12.087,00 €
Sober

PP

2453

8.248,00 €

20.544,00 €

12.296,00 €
Taboada

PP

3101

11.327,00 €

10.727,00 €

-600,00 €
Trabada

PSOE

1203

8.661,00 €

8.517,00 €

-144,00 €
Triacastela

PP

721

4.356,00 €

9.010,00 €

4.654,00 €
Valadouro, O

PSOE

2069

8.018,00 €

7.554,00 €

-464,00 €
Vicedo, O

PP

1882

10.147,00 €

20.749,00 €

10.602,00 €
Vilalba

PP

14788

47.611,00 €

132.050,00 €

84.439,00 €
Viveiro

PSOE

15932

40.457,00 €

31.832,00 €

-8.625,00 €
Xermade

PSOE

2036

8.462,00 €

24.829,00 €

16.367,00 €
Xove

PP

3456

40.868,00 €

31.640,00 €

-9.228,00 €
TOTAL

244188

675.000,00 €

1.200.000,00 €

525.000,00 €
Exit mobile version