Site icon Crónica3.com A Mariña

Otero Regal e Paco Rivas presentan ‘Traca-Traco’ en Viveiro

oteroregal-tracaO libro “Traca-Traco”, que conta con 30 ilustracións e a portada a todo color de Otero Regal e outros tantos pequenos poemas e letras de cancións de Paco Rivas será presentado este sábado 15 de agosto ás 19.30 horas na Feira do Libro de Viveiro.

O libro, editado por Cumio conta con 24 nanas, un aloumiño e un arrolo; ademais dun CD con música e as partituras das cancións nas que participan máis de 30 músicos galegos, dos que cabe destacar a participación de Fuxan os Ventos, Moncho Díaz, Juan Carlos García ou Laura Blanca de la Barrera… entre outros.

Esta é a quinta publicación na que colaboran Paco Rivas e Otero Regal, ambos nacidos na parroquia focense de Nois, compañeiros de escola e amigos. Pero esta colaboración de poeta e deseñador gráfico continuará no futuro; pois xa teñen entregado nunha editorial o seguinte libro dedicado ó mundo infantil.

Presentación
Por agora, ámbolos dous autores participarán na presentación xunto a algún dos músicos que participaron no proxecto. Tamén será presentado nas feiras do libro de Foz e Ribadeo.

Exit mobile version