Site icon Crónica3.com A Mariña

Parabéns á Banda de Música de Viveiro

O Concello de Viveiro quere felicitar á Banda de Música de Viveiro polo unha vez máis, exitoso concerto que nos ofreceu este martes na Praza Maior. Así mesmo, agradecer ao que foi director da Banda de Música de Viveiro durante dez anos, Delio Represas Carrera, a gran labor desenvolvida á fronte da Banda de Música de de Viveiro durante todo este tempo e que agora por motivos persoais tivo que deixar; polo que, a partires de agora a banda contará cun novo director, Carlos Timiraos Timiraos, este xove de Viveiro quen a pesar da súa xuventude xa conta cunha traxectoria no mundo da música logo de ter realizado a súa labor como mestre de clarinete en varias Escolas Municipais de Música e como director da Banda de Música de Foz. Dende o Concello queremos darlle a benvida e moito ánimo nesta nova labor.

Exit mobile version