Os anfitrions, para repoñer forzas, prepararon unha suculenta comida a base de empanada, churrasco e chourizos, todo iso regado con viño mencía e de sobremesa torta da avoa caseira, cafe, licores, etc. Como remate unha queimada co esconxuro purificador, xogos populares e sesión de DJ.
Os sendeiristas bureleses agradecen o esforzo realizado polos de Terras de Lourenzá, tanto na preparación da ruta coma en todo o relacionado coa comida e o entretemento, facendo deste día algo que os de Burela tardarán en esquecer.