Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego prepara a manifestación – tractorada do 3 de setembro en Lugo

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego celebraba este venres unha reunión aberta no salón de actos do edificio sindical de Lugo onde puxeron enriba da mesa a organización da mobilización – tractorada que se celebrará en Lugo o xoves 3 de setembro.

A Plataforma agarda “concentrar os tractores nas inmediacións do campo de fútbol do Anxo Carro e do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo para,de seguido, subir ata a Avenida da Coruña e acceder á Ronda da Muralla onde permanecerán os tractores ata a entrada da tarde”.

As persoas participantes concentraranse a partir da unha na explanada do edificio da Xunta para iniciar unha cocnentración – manifestación na que se procederá á lectura do manifesto da Plataforma e ao seu rexistro no edificio administrativo da Xunta xunto cunha petición de reunión inmediata da Plataforma co presidente da Xunta e a conselleira de Medio Rural antes da reunión de Bruxelas do luns 7 de setembro e da de Madrid o xoves 10.

A Plataforma “pediu, e recibiu, o apoio dos Concellos, cooperativas, entidades e organizacións sociais, políticas ou relacionadas co sector, para que a mobilización saia adiante coa contundencia necesaria para que os diferentes gobernos e administracións tomen nota da gravidade do problema e empecen de xeito inmediato a por os medios e as medidas que permitan darlle solución xa. Empezando polo Goberno Galego e a constitución dunha mesa de negociación oficial e formal na que as catro partes (gandeir@s, empresas, distribución e goberno) teñan que chegar a acordos xustos e dignos, si ou si, nun curto prazo de tempo”, asegura Antón Ledo, coordinador da FRUGA en Lugo.

Igualmente destacaba que “dende a Plataforma facemos un chamamento á articipación d@s gandeir@s e da sociedade en xeral nesta gran mobilización para que se vaian organizando a través do contacto coas organizacións agrarias, cooperativas e Concellos para acudir cos tractores e estar, tamén, presentes na concentración-manifestación diante da Xunta en Lugo”.

Exit mobile version