Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do XI Trofeo A Pataca Naranxa

trofeopataca1516-presBurela, 31 de agosto de 2015.- A Pataca Naranxa presentou este luns unha nova edición do seu Trofeo e xa van once. No acto, que acolleu a sede laranxa, a presidenta da peña, Carmen Teijeiro, estivo acompañada polo secretario técnico do club, Juanma Marrube, o capitán Edu e o edil de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.

En 2015-16 o galardón conta coa colaboración do CD Burela FS Pescados Rubén e o Concello de Burela, ademais de Living Sport, que doa os trofeos que recibirán os mellores do equipo laranxa de Primeira División LNFS a final de tempada.

Iago Míguez, Matamoros e Álex González recibiron o recoñecemento dos premios pataqueiros no décimo aniversario da gala. O 10 laranxa compartiu o trofeo de Máximo Goleador co xogador da Mariña, que tamén recibiu o de Mellor Xogador, mentres que o actual gardameta do Movistar Inter foi nomeado como o Xogador Máis Valorado pola peña.

Exit mobile version