Da mesma forman parte: Álvaro Prieto Suárez, Marta García Rey, Cristian Sánchez Sánchez, Adriana Fernández López e Antoine Vares Drebler. Todos posaron para a foto acompañados polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.
Mañá, domingo, a partir das 12 do mediodía a Comisión de Festas da Patroa organiza nas inmediacións da praza de abastos unha sesión vermouth co DJ Sergio para recadar fondos para estes festexos. No recinto instalarase unha barra que será atendida polos membros da propia comisión.
Nas vindeiras semanas terá lugar algunha actividade pública máis para seguir recadando fondos para as festas patronais. Tamén en datas próximas presentaranse o cartel e o programa de actividades previstas do 28 de agosto ao 8 de setembro para celebrar a festividade da patroa, Santa María do Campo.