Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira reunión do campamento “Móvete con nós a Mondoñedo”

IMG-20150811-WA0004Este luns 10 de agosto realizouse a primeira reunión do campamento “Móvete con nós a Mondoñedo”, que organiza o Club Estudantes e o Concello de Mondoñedo. Xente do club achegouse a Mondoñedo para tomar contacto cos monitores e, ao mesmo tempo, para dar un empuxón ás inscricións tanto na nosa localidade coma en localidades dos arredores. O campamento desenvolverase do 24 ao 28 de agosto en horario de 09.00 a 14.00 horas con actividades deportivas, manualidades, piscina, xincanas, baile, etc. Os interesados poden recoller fichas nas piscinas ou no Concello de Mondoñedo ou ben inscribirse na web do Estudantes de Lugo. O prezo será de 25 euros alumno. Máis información no teléfono 605 790 091.

Exit mobile version