Site icon Crónica3.com A Mariña

Programación de actividades para setembro do Centro Comercial Histórico de Viveiro

Viveiro, 31 de agosto de 2015.- Durante o mes de Setembro a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro vai poñer en marcha as seguintes actividades:

Música na rúa
Xunto coa Concellaría de Cultura retómanse estes concertos que se arrancaran no mes de Xullo por distintas prazas e rúas da cidade. Os concertos programados para setembro son Mr. Cool & Felipe Castro o venres 11 ás 21:00 horas na Rúa da Zapataría, e o sábado 12 ás 13:00 horas en Sesión vermú na rúa Pastor Diaz esquina Plaza de Lugo.

O venres 18 ás 22:00 horas a Praza da Fontenova acollerá o concerto do grupo UP.

Teatro de marionetas
O sábado 19 ás 13:00 horas terá lugar na praza da Fontenova a actuación do Grupo de Marionetas Trécola coa súa proposta titulada “n.º 8 Rua dous Contose”, un espectáculo de monicreque tradicional para público familiar que fará as delicias de grandes e pequenos. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa “Cultura sobre Rodas” levado a cabo pola Deputación de Lugo.

Juepeo, os xoves en Viveiro tapeo
O Xoves 17 de Setembro arranca de novo o Juepeo, os Xoves en Viveiro tapeo. Tras o éxito alcanzado durante os meses de maio e xuño retómase esta iniciativa que contará agora con 11 locais participantes, que xoves tras xoves elaborarán delicias para o noso padais en versión mini cociña. O funcionamento seguirá sendo igual que nos anteriores meses, ofrecerase todos os xoves unha tapa ao prezo de 1,50 € e os clientes poderán participar no sorteo de 200 € en vales de consumición tan só por puntuar as tapas que van probando.

Os locais participantes son Mesón A Baiuca, Bar La Fontana, Mesón A Praciña, Belle Epoque, Mesón Imperial, Bar La Plata, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho e O Rincón do Tronco.

Exit mobile version